Participamos nun concurso da ONCE

Tivemos que ler os contos que nos mandaron, escoller un e inventarlle o título. Logo en grupos creamos estas portadas. A ver se temos sorte...
Creada por María, Alberto, Alicia e Pablo

Creada por Mónica, Brais, Breixo e Cristian

Creada por Lorena, Daniel, Martín e Mirian

Traballando sobre Uxío Novoneyra

http://seminariogalan.org/inicio/ver/123

No día da Paz...


Todos levamos un fermoso adhesivo pintado por nós mesmos co lema "Xuntos construímos a paz". Loso saímos ó patio onde cantamos unha canción e fixemos a solta das pombas.

Tamén intentamos soltar un globo de papel pero non nos saíu moi ben, a ver se para o próximo ano...

O noso belén para o Nadal

Con bastante tardanza pero aquí o tedes. Na aula de 4º encargámonos do pescador.

A castaña Pepa

Este ano choveu polo magosto e case o temos que deixar para Agosto... Aínda así, fixemos unha exposición no corredor do colexio cunha chea de contos e tiras cómicas sobre as castañas. Na nosa clase escollemos este conto:

Celebramos o Samaín

Este ano fixemos unha exposición entre todos os nenos e nenas do colexio. Nela contamos a Verdadeira historia do Samaín. Ademáis tamén levamos cabazas adobiadas.
Nos participamos con este mural


As cabazas


A exposición cos traballos de todos os ciclos

Tormenta de cores

Para darnos ideas... aí vai!

O noso corpo en movemento

Comezamos o curso traballando a figura do corpo en movemento. Os debuxos do famoso artista estadounidense Keith Haring axudáronnos a compoñer os nosos propios bonecos e de paso saber, un pouco, como somos por dentro.


A noite de Vilariño

Abrimos esta cuarta fiestra para compartir as nosas inquedanzas e traballos durante este curso comezamos. Como primeiro traballo publicamos o proxecto que tantas dores de cabeza nos deu o ano pasado pero do que tan orgullosos estamos.